
Bo resultado para a representación do Club Adas Cupa no Campionato de España de Maratón, que se disputaba a pasada fin de semana en Zaragoza. Así a atleta do club Esther Pedrosa proclamábase subcampioa en F40, sendo quinta na clasificación; mentres os o equipo masculino M45 do Adas (formado por Pacho García, Ricardo Vázquez e Enrique Estévez) facíase coa sexta posición máster, segundo se recolle na clasifiación da RFEA.
Sobresaía tamén o posto 25 de Ricardo Vázquez na competición absoluto, quedando ademais segundo na súa categoría M45.