SanidadeÚltima hora

Sanidade confirma un segundo caso de coronavirus en Galicia

Trátase dunha muller de 47 anos que se encontra illada no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, na comparecencia desta tarde para informar sobre a situación do coronavirus en Galicia.

 

Nesta tarde de 5 de marzo a Consellería de Sanidade vén de confirmar un segundo caso positivo por coronavirus en Galicia. “As análises realizados no Hospital Álvaro Cunqueiro (de Vigo), e confirmados polo Centro Nacional de Microbioloxía, confirman a infección por coronavirus dunha muller de 47 anos, que se encontra illada no hospital, en cumprimento dos protocolos acordados co Ministerio de Sanidade”, segundo a Consellería de Sanidade.

Tal como explicaba o conselleiro de Sanidade Jesús Vázquez Almunia na comparecencia desta tarde, “esta muller ten vínculo epidemiolóxico con outro paciente, un varón que tamén permanece ingresado nunha habitación illada do hospital vigués”. Este último, está pendente dos resultados do Centro Nacional de Microbioloxía, que confirmen ou descarten se ten o coronavirus.

A Dirección General de Salud Pública está seguindo o protocolo e xa iniciou o estudo de contactos para determinar as medidas necesarias que permitan previr novos contaxios.

Sanidade remarca que hai un procedemento específico para as persoas que sospeiten terse contaxiado co coronavirus. “É importante que se contacte por teléfono cos servizos sanitarios para que un equipo, formado por persoal de enfermería e personal auxiliar, poida recoller mostras para analizar no seu domicilio, evitando en caso de infección a propagación do virus”.

Desde o Sergas lembran que a Consellería de Sanidade ten a disposición da población o teléfono 900 400 116 para dar información xeral sobre ocoronavirus. “Neste número, pódense resolver todas as dúbidas dos cidadáns ao respecto”, explican. En calquera caso, para persoas con sintomatoloxía (febre, tos, sensación de falta de aire) e que volveran de zona de risco ou tivesen contacto con alguén que estivera nalgún deses lugares, tamén está dispoñible o teléfono 061 para consultas.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button