CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

“Santa Cristina in musica”, diálogo musical os días 17 e 24 de setembro en Parada de Sil

 

O Mosteiro de Sacra Cristina de Ribas de Sil acollerá os días 17 e 24 de setembro a iniciativa “Santa Cristina in musica” que propón un singular diálogo musical promovido polo Concello de Parada de Sil. Así o día 17 ás 19h. poderán escoitarse nubas e melodías de al-Ándalus da man de Iman Kadoussi (voz e percusións) & Aziz Samsaoui (kanun, ud e saz).

 

 

Iman Kandoussi, nacida en Tetuán (Marrocos), pertence a unha familia profundamente ligada á tradición popular, artística e intelectual do o seu país. Aos dez anos comezou a estudar canto arábigo-andaluz e laúde árabe en Conservatorio Superior de Música de Tetuán. Finalmente especializouse nos cánticos clásicos árabes e sirios e no repertorio das Nubas da música andalusí.

Por outra banda, xa o 24 de setembro actuarán tamén no Mosteiro de Parada de Sil ás 19h. Rosana Orsini e José Manuel Dapena con “Stabat Mater” de Luigi Boccherini.

 

Artigos relacionados

Back to top button