SanidadeÚltima hora

Santiago, o primeiro bebé nacido no 2021 no Hospital de Verín

Publicidade

 

Arredor das cinco e media da pasada madrugada nacía Santiago, o primeiro neno do ano no Hospital de Verín. Pesaba 2,830 quilos e é fillo de Nuris e de Jorge, ambos veciños de Verín.

O último bebé en nacer no 2020 neste centro hospitalario era Valeria. A súa nai daba a luz ás 5:55h. do 31 de decembro. Valeria é filla de Marta e Jorge, ambos tamén verinenses.

Durante o 2020 o Hospital de Verín rexistraba un total de 110 nacementos, superando así notablemente os 64 do ano 2019.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button