ConcellosO BarcoÚltima hora

Sardiñada e queimada na rúa San Mauro do Barco para celebrar o San Xoán, o 23 de xuño

A iniciativa, que partía de Aurelio Blanco Trincado, será promovida polos amigos da rúa San Mauro e pola Tapería Agarimo

Sardiñas asándose/ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Buscando dinamizar a zona antiga da vila do Barco e tamén celebrar a tradición do Xoán, un grupo de amigos da rúa San Mauro e o Agarimo Tapería organizarán na tarde e noite do 23 de xuño unha sardiñada nesta zona. A iniciativa partía de Aurelio Blanco Trincado, veciño desa rúa.

A partir das 20:30h. comezarán a asarse as sardiñas, diante da tapería. Os organizadores convidan a veciñanza a participar nesta celebración, na que tamén poderán tomarse outras tapas elaboradas polo Agarimo, que se aboarán coas consumicións.

Ademais nunha noite máxica como é a do San Xoán non faltará a tradicional queimada co seu conxuro, algo do que se encargará Aurelio Blanco Trincado, vestido para a ocasión dun traxe antigo de paxe.

Artigos relacionados

Back to top button