En portadaÚltima hora

Saúde pública detecta contaminación microbiolóxica na rede, tras o brote de gastroenterite na Rúa

"Namentres as análises da auga do abastecemento non rexistren valores axeitados para o consumo humano, non poderá facer uso da auga nin para beber, nin para preparar alimentos nin a hixiene bucodental", segundo a consellería

Vista parcial da Rúa. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

Tras o bando feito público onte por parte do Concello da Rúa, para rexistrinxir “temporalmente o uso da auga de consumo de toda a zona de abastecemento mancomunada Petín-A Rúa” tras un brote de gastroenterite, a Consellería de Sanidade aportaba novos datos esta mañá.

No marco da investigación do gromo de gastroenterite rexistrado no concello de A Rúa, os inspectores de saúde pública de Ourense tomaron mostras do abastecemento de auga de consumo humano, detectando a presenza de contaminación microbiolóxica na rede (coliformes e E. Coli), segundo se vén de informar dende a Consellería de Sanidade.

“Por este motivo comunicouse ao Concello esta situación así como as restricións de uso mentres non se leve a cabo a limpeza e desinfección do depósito afectado así como da rede de abastecemento e se verifique, mediante analíticas, que a situación volve á normalidade”, indica Sanidade.

Deste xeito, “namentres as análises da auga do abastecemento non rexistren valores axeitados para o consumo humano, a Consellería de Sanidade comunicou ao Concello que tería que restrixir o uso”. Non se poderá empregar este auga nin para a súa inxesta (beber), nin para preparación de alimentos, nin para a hixiene bucodental.

Pero si, “poderá seguir empregándose a auga para a hixiene persoal e para a limpeza doméstica”, segundo Sanidade.

Artigos relacionados

Back to top button