CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

“Scooby-Doo e o misterio da costureira”, na Biblioteca de Verín o 6 de xuño

Imaxe dunha representación anterior realizada polos voluntarios e o persoal da Biblioteca de Verín./ Foto: Biblioteca de Verín.

 

Os voluntarios e o persoal da Biblioteca Municial de Verín volverán subirse ao escenario. Será o vindeiro mércores 6 de xuño, ás 18 horas, para representar a obra “Scooby-Doo e o misterio da costureira”. Noelia Gallego Campos, estudante de 4º da E.S.O. e tamén voluntaria da biblioteca, foi a encargada de guionizar a obra readaptando aos personaxes da mítica serie televisiva un argumento que tiña escrito fai un ano.

Os cinco protagonistas da serie orixinal (Fred, Daphne, Velma, Shaggy e Scooby-Doo), deciden investigar a desaparición de María Silva Lousada, unha veciña de Verín que é raptada por un misterioso monstro de cores. A resolución do caso, na biblioteca a partires das 18h.

Artigos relacionados

Back to top button