EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

“Se non hai acordo entre empresas e comunidade de montes, o procedemento en marcha establece a expropiación”

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Economía pronunciábase esta mañá sobre a situación existente entre as empresas Irosa e Samaca e a Comunidade de Montes de Portela e Trigal (Carballeda de Valdeorras)

O vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Economía, Francisco Conde./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Sobre a complexa situacióin existente entre as empresas Samaca e Irosa e a Comunidade de Montes de Portela e Trigal (Carballeda de Valdeorras) pronunciábase esta mañá no Barco de Valdeorras o vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde.

“Dende logo a Xunta de Galicia neste tipo de situacións para o que sempre traballa é para que haxa consenso, para que haxa acordo e que haxa convivencia dende o punto de vista económico e empresarial, e respectando en todo momento loxicamente os dereitos de todas as partes. O que estamos desenvolvendo é un expediente administrativo que vai permitir neste caso a continuidade da empresa e o que esperamos é que neste contexto ata o último día se poida chegar a un acordo. Esa sería a vontade por parte da administración e, nese senso, poñémonos a disposición de todas as partes. É moi importante que este tipo de situacións se desenvolvan nun contexto de diálogo e de consenso e eu espero que iso poida ser a así, e dende a Xunta estamos a disposición tanto da empresa como da comunidade de montes para poder achegalo”, indicaba Francisco Conde.

 

 

Así mesmo, o vicepresidente primeiro apuntaba que “hai un elemento clave que é esa convivencia entre a dispoñibilidade do solo e, neste caso tamén garantir a continuidade dos postos de traballo. Esperamos que iso poida ser así, ata o último momento se pode chegar a ese acordo, e se non é así o procedemento si establece a declaración de utilidade pública e polo tanto a expropiación”.

Conde indicaba tamén que o procedemento administrativo se está desenvolvendo con todos os pasos previstos, “é un pocedemento ordinario, o que se busca é non ter que chegar a expropiación e loxicamente ese acordo é necesario entre as partes. En calquera caso o procedemento está aberto, nós si temos a tranquilidade de dar os pasos cumprindo a normativa e garantindo os dereitos de todas as partes”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button