EconomíaEconomíaEn portadaÚltima hora

O sector da castaña reúnese coa Garda Civil para abordar o problema dos roubos e dos fraudes

Publicidade
Os presidente de PROAGROSILGA e da IXP Castaña de Galicia, cos representantes da Garda Civil, na reunión./ Foto: Carlos Asensio.

Tratar de colaborar e acadar solucións ao incremento de roubos de produto e de intrusismo que se ven detectando nestes últimos anos. Con este obxectivo se celebraba na tarde do 7 de setembro unha xuntanza entre o sector galego da castaña, a Garda Civil e a Xunta de Galicia

O encontro tiña lugar no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás e nel participaban representantes de PROAGROSILGA (Asociación de Productores e Exportadores de Productos Agrosilvestres de Galicia) e da IXP Castaña de Galicia, ademais de mandos da Guardia Civil (o coronel Calixto Villasante), do SEPRONA (tenente Pablo Medela) e representantes da Consellería do Medio Rural da Xunta de Galicia (José Antonio Bouza e Abel Yáñez).

 

O resto de asistentes, no Centro Empresarial Transfronteirizo de Barbadás onde tivo lugar a reunión./ Foto: Carlos Asensio.

 

Os produtores e comercializadores solicitaban axuda á Garda Civil, que á súa vez pide a colaboración cidadá para que cando se detecten persoas ou vehículos sospeitosos se avise con inmediatez. Este ano faráse un esforzo para establecer unha maior presenza de axentes nas zonas máis conflictivas, especialmente cando se estea en plena campaña de recollida da castaña.

 

Un dos momentos da xuntanza./ Foto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button