CulturaCulturaÚltima hora

“Sopa cómica” para achegar aos máis pequenos ao cine no Festival Internacional de Curtas de Verín

Publicidade

 

O Festival Internacional de Curtas (FIC) Vía XIV de Verín retomaba, tras dous anos de parón por da pandamia, a programación para os máis pequenos da man da narradora oral Raquel Queizás. Así, esta mañá o Auditorio de Verín recibiu a visita de aproximadamente douscentos cativos e cativas procedentes de Verín e comarca para desfrutar en directo dalgunhas curtas especialmente programadas para eles e entrar en contacto co cinema e cos valores que éste transmite.

A actividade, denominada “Sopa Cómica” e que terá continuidade mañá venres, desenvolveuse en dúas quendas por grupos de idade. Unha primeira para nenos e nenas de entre 2 a 7 anos e, outra segunda, orientada a cativos e cativas de entre 8 e 12 anos. Os rapaces puideron votar pola súa curta favorita ao rematar o visionado das curtas que a organización do FIC Vía XIV programou para eles.

No marco desta actividade, a narradora oral Raquel Queizás actuou para os cativos e cativas da comarca para descubrirlles o cinema e facelos entrar en contacto coa enxeñosa Mabel Normand, coa camaleónica Collen Moore, co polifacético Charles Chaplin, co xenio de Buster Keaton, cos comediantes Laurel e Hardy (o Gordo e o Fraco) ou cos inigualables Irmáns Marx (Groucho, Harpo e Chico), entre outros.

 

 

Irmandandes da Cuadra e cata da D.O. Monterrei

Doutra banda, onte pola noite deron comezo as actividades programadas ao abeiro do Espazo Roombo, un contedor cultural posto en marcha na semana do FIC pola Asociación Cultural Vía XIV en colaboración coa empresa local Roombo.

Nesta primeira actividade do Espazo Roombo, o xa coñecido equipo de reporteiros locais de Irmandades da Cuadra entrevistou a persoas vinculadas ao festival cun ton de retranca que divertiu ao público e que contou con varias actuacións en directo.

A D.O Monterrei tamén ofreceu unha cata de viños gratuíta para todas as persoas que se acehgaron ata a Zona Roombo do FIC Vía XIV.

Artigos relacionados

Back to top button