
Baltasar de Zúñiga e Velasco, fillo do IV Conde de Monterrei, regresa ás costas españolas tras o desastre da Gran Armada e, pouco despois, embárcase nunha nova misión ao acompañar a dous inquisidores que deben investigar a desaparición de varias mozas nunha localidade de Toledo. Deste xeito comeza a novela histórica “La boca del diablo” (Edhasa 2018) de Teo Palacios, quen a presentaba na tarde do 8 de febreiro na Biblioteca do Concello de Verín, nun acto no que estaba acompañado polo alcalde, Gerardo Seoane.
Tratátase dunha novela histórica, pero está marcada polo misterio e mesmo roza o xénero de terror ao adentrarse nos mundos sobrenaturais e nas crenzas da época e a Santa Inquisición.
Teo Palacios: (Dos Hermanas, Sevilla, 1970), estudou Marketing e Deseño, pero atopou a súa vocación real na literatura. Esta é a cuarta novela que publica, tras “Hijos de Heracles” (Edhasa, 2010), “La predicción del astrólogo” (Ediciones B, 2013), “El trono de barro” (Edhasa, 2015) e “Muerte y Cenizas” (Edhasa, 2017).
