A RúaConcellosO SaviñaoÚltima hora

Toman declaración a dous veciños da Rúa como presuntos autores dun roubo no Barco

 

Na tarde do xoves 13 de xullo, a Garda Civil do Barco de Valdeorras tomaba declaración a dous veciños da Rúa, de 21 e 27 anos, como “presuntos autores dun delito de furto”.

O suceso producíase nun local comercial do Barco de Valdeorras o día 4 de marzo onde “os autores apoderáronse de dous reloxos intelixentes”, segundo indican dende a Garda Civil.

O caso pasou ao Xulgado do Barco.

 

Artigos relacionados

Back to top button