A mancha do verquido, de case dez quilómetros, continúa o seu curso río abaixo
O Concello de Verín vén de informar, a través dun comunicado, que “segundo as análises realizadas pola empresa concesionaria de augas, os parámetros de turbidez e sólidos da auga do Támega (unha vez pasada a mancha do verquido, de case dez quilómetros, e que continúa o seu curso río abaixo) xa permite o seu tratamento e a súa depuración a altura de Verín”.
Nembagantes, á espera de análises máis completas, o Concello de Verín recomenda que se evite na medida do posible o uso da auga da traída para consumo humano, ata ter a absoluta seguridade da idoneidade da súa composición.
Fotos: Concello de Verín.