O Gran Teatre del Liceu de Barcelona acollía a partir das seis da tarde de onte, a iniciativa da Casa Galega de L’Hospitalet e Xuntanza de Catalunya, Unha xeración. Dous mundos, unha gala de teatro musical que conta varias historias da emigración galega a Cataluña na década dos 70, tempo no que se crearon os centros galegos, casas de Galicia e institucións sociais e empresariais, contribuíndo a construír e mellorar a terra e a sociedade catalás, e na que participarán todas as entidades e colectivos galegos de Cataluña. Multitude de persoas e autoridades acodían a este acto, que enchía o Liceu.
Entre os participantes neste acto había tres cantareiras de seitura das Terras de Trives, que actuaban sobre o escenario do Liceo: Digna, Fiuca e Blandina. Tamén se dirixía aos presentes dende ese mesmo lugar a alcaldesa de Trives, Patricia Domínguez, para presentalas.
Vídeos: cedidos.