SanidadeÚltima hora

Un 2,8% dos ourensáns desenvolveu anticorpos fronte ao Covid-19, segundo os primeiros resultados do estudo do ministerio

Son as cifras máis altas da comunidade galega, fronte ao 2,3% de Lugo e Pontevedra e ao 1,8% da Coruña

 

Os primeiros resultados provisionais do estudo nacional de epidemioloxía ENECovid19 (correspondentes á primeira das tres ondas das que consta esta investigación) amosan que a prevalencia de anticorpos IgG anti SARS-Cov2 na poboación española é do 5%, moi similar en homes e mulleres. É menor en bebés, nenos e mozos, e permanece bastante estable en grupos de máis idade.

Estes datos iniciais dábanos a coñecer recentemente o ministro de Sanidad, Salvador Illa, e o de Ciencia e Innovación, Pedro Duque, destacando que se trata “dun dos estudos destas características máis ambiciosos do mundo, que aportará datos clave para a toma de decisións nas políticas de saúde pública”.

Este estudo, deseñado polo Ministerio de Sanidad e o Instituto de Salud Carlos III (ISCIII) coa colaboración do Instituto Nacional de Estadística (INE) e as Comunidades Autónomas; permitirá coñecer cantas persoas están o estiveron en contacto co virus, e saber se a inmunidade se mantén no tempo. A investigación comezaba o pasado 27 de abril e continuará durante as próximas semanas, coas outras dúas ondas previstas.

Nos seus primeiros resultados, obtidos das mostras tomadas a un total de 60.983 persoas, obsérvase unha marcada variabilidade xeográfica, cunha prevalencia superior nas provincias do centro da península

Ademais, el 83% dos participantes que refiren ter contado cunha PCR positiva, presentan anticorpos IgG. Nos posibles casos sospeitosos, a prevalencia aumenta co número de síntomas. É particularmente alta, do 43%, nas persoas que refiren anosmia (perda total dol olfato). Finalmente, un 2,5% dos participantes que non indican ningún síntoma presentaron anticorpos IgG.

Por comunidades autónomas, Ceuta, Murcia, Melilla, Asturias e Canarias presentan prevalencias inferiores ao 2%, mentres Castela-A Mancha e Madrid superan o 10%. Nos mapas provinciales, destaca la agrupación central de provincias con prevalencias iguais ou próximas ao 10% no entorno de Madrid, segundo o Ministerio de Sanidad.

No caso das provincias galegas, o dato máis alto de rexístrase na provincia de Ourense, cun 2,8%, seguida por Lugo e Pontevedra cun 2,3% e por Coruña cun 1,8%.

Resultados provisionais

O Ministerio de Sanidad matiza que estes resultados son provisionais e que corresponden aos test rápidos realizados dende o pasado 27 de abril a 60.983 persas na muestra nacional. Non inclúen as outras 3.234 mostras tomadas no estudo específico insular, que se lleva a cabo en Fuerteventura, Lanzarote, La Gomera, El Hierro, La Palma, Formentera, Menorca, e un mostreo adicional en Ibiza.

A taxa de participación entre as persoas que puideron ser contactadas alcanza o 74,7%. A previsión é alcanzar a cifra de entre 60.000 e 90.000 participantes cando finalice o estudo, dentro dunhas seis semanas.

Tres fases

Durante a primeira fase realizáronse chamadas telefónicas a 35.000 fogares de toda España elixidos ao azar. En paralelo, fóronse tomando mostras aos participantes nos centros de saúde e domicilios.

Por unha banda, realizóuselles un test rápido de determinación de anticorpos en sangue, mediante un pinchazo no dedo. Para asegurar a fiabilidade dos resultados e aplicar o máximo rigor metodolóxico, obtívose de forma adicional mostras de sangue por venopunción (pinchazo no brazo), aaqueles participantes que deron o seu consentemento.

Os resultados presentados o 13 de maio polo Ministerio de Sanidad non inclúen a información deste segundo tipo de probas, que miden os anticorpos mediante inmunoensaio, xa que non se teñen os resultados de todas as comunidades autónomas.

Nas vindeiras ondas do estudo “será posible coñecer a evolución da prevalencia e os cambios observados durante o tempo nos participantes”, tal como adianta o Ministerio de Sanidad.

Durante a presentación destes primeiros datos, Illa agradecía a “inestimable colaboración” que están prestando as 17 Comunidades Autónomas, a través dos seus equipos de Atención Primaria.

Tamén se refería ao “enorme esforzo” dos numerosos profesionais que están realizando o estudo dende máis de 1.400 centros de saúde ou desprazándose aos domicilios dos cidadáns.

Fonte do mapa: Ministerio de Sanidad e Ministerio de Ciencia e Innovación.

Artigos relacionados

Back to top button