OurenseÚltima hora

Un cazador resulta ferido en Allariz tras disparárselle a arma accidentalmente

 

Arredor das sete e media da tarde de onte, domingo, o 112 Galicia recibía un aviso, a través dunha persoa particular, de que, “accidentalmente, a un home disparáraselle a arma que manexaba nese intre, no lugar de San Miguel, en Torneiros, no concello de Allariz (Ourense)”, segundo o 112 Galicia.

Ademais, “tras contactar desde o 112 Galicia cos profesionais sanitarios, comunicaron que, decontado, o helicóptero medicalizado con base en Ourense se desprazaba cara o punto”, citando novamente ao 112 Galicia, e trasladaba á persoa ferida.

Ademais dos sanitarios, foron informados a Garda Civil e os efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.

Artigos relacionados

Back to top button