ConcellosO BarcoÚltima hora

Un cento de persoas desfrutan dunha suculenta e animada cea de Reis no Casino do Barco

 

A cea de Reis do Casino do Barco reunía na noite do 5 de xaneiro a un cento de comensais (todos socios) aredor da mesa e do baile. Comezaba pasadas as dez e media da noite e os asistentes desfrutaban dun suculento menú que incluía crema de marisco, langostinos a dúas salsas, merluza, cabrito e, como sobremesa, o tradicional roscón de Reis. Non faltaban tampouco os viños mencía e godello.

 

 

Ademais a cea estaba animada pola actuación musical dos Gin Toni’s, que animaban a velada ata entrada a madrugada.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button