ConcellosÚltima hora

Un ferido en Vilariño de Conso ao caer coa súa cadeira de rodas por un terraplén

Unha vez rescatado, o home era evacuado polos servizos sanitarios de urxencia

Na tarde do 17 de agosto un home en cadeira de rodas resultaba ferido despois de caer por un terraplén. Os feitos ocorrían á entrada do pobo de Vilariño de Conso, tal e como informan dende o 112 Galicia.

Un particular avisaba do sucedido e pedía axuda ao 112 Galicia pasados uns minutos das 20:15 horas, indicando que vira a un home que circulaba en cadeira de rodas caer por un terraplén.

“Decontado, dende o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia alertouse ao 061-Urxencias Sanitarias. Do mesmo xeito, solicitouse a colaboración dos membros do GES da Gudiña, da Garda Civil e de Protección Civil da localidade”, segundo o 112 Galicia.

Unha vez rescatado, o home foi evacuado polos servizos sanitarios de urxencia.

Artigos relacionados

Back to top button