CulturaCulturaÚltima hora

Un misterioso símbolo espállase por todas as paredes da vila de Verín

 

Nestes días a veciñanza de Verín espertaba estes días coa sorpresa de descubrir unha gran pegada de carteis cun enigmático símbolo espallados por toda a vila. Dende a propia Praza do Concello, os puntos limpos municipais, fachadas privadas, centros educativos… O misterioso símbolo está presente en todos os recunchos.

Cada cartel presenta o intrigante símbolo acompañado dun código QR que dirixe á páxina web www.serouestar.gal. Ao acceder á páxina, os visitantes atopan unha nova que detalla a pegada de carteis e ofrece só a visualización do mesmo símbolo, profundizando aínda máis o misterio que rodea esta situación.

Non se sabe quen está detrás da pegada e cal é o significado dos carteis. Ao parecer, son dúas as persoas que, como se dunha noite electoral se tratara, adicáronse a empapelar a vila con láminas que mostran diferentes símbolos sobre un fondo negro.

As autoridades locais aínda non emitiron declaracións sobre a orixe nin o propósito destes símbolos, alimentando as especulacións e a curiosidade na comunidade. Algúns residentes expresaron as súas teorías en redes sociais, xerando un debate en liña sobre posibles significados e a verdadeira intención detrás desta misteriosa campaña de carteis.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button