ConcellosÚltima hora

Un novo supermercado abrirá as súas portas no Barco o 20 de maio

Está situado nas proximidades do campo de fútbol de Calabagueiros e creará 37 postos de traballo

Tal e como xa se anunciara no pleno do Barco do 7 de maio, en breve esta localidade valdeorresa contará cun novo supemercado. Agora súa apertura xa ten data concreta. Así, o Mercadona, situado nas proximidades do campo de fútbol de Calabagueiros, ten previsto abrir as súas portas o vindeiro 20 de maio, segundo se anuncia no exterior das súas instalacións.

Este supermercado creará 37 novos postos de traballo, dos cales 34 serán para persoas do Barco, tal e como se adiantaba dende o grupo de goberno barquense durante a citada sesión plenaria.

Artigos relacionados

Back to top button