CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Unha profesora do IES 12 de outubro de Ourense selecciona unha escolma de contos feministas de Pardo Bazán

María Elena Ojea Fernández, co libro.

 

Unha escolma de contos feministas, prologados e seleccionados por María Elena Ojea Fernández, profesora de Lingua e Literatura castelá no IES 12 de Outubro, en Ourense, vén de ser publicada pola Editorial Edelvives. Este volume sae á luz no marco da conmemoración do centenario da morte da autora galega, acontecida o 12 de maio de 1921

Os relatos que compoñen esta antoloxía constitúen, xunto co seu valor literario, unha fotografía de indudable interese, que amosa a problemática da condición feminina na España da segunda mitade do século XIX. A través deles, Emila Pardo Bazán desvenda sen rodeos “a miserable condición social da muller decimonónica: o maltrato dentro e fóra do matrimonio ao que era sometida, a mediocre educación que se lle reservaba e incluso a súa tradicional subordinación á maternidade”.

María Elena Ojea Fernández Doutora en Filoloxía, leva publicado artigos e estudos de crítica literaria sobre Emilia Pardo Bazán, e outros autores da literatura española e universal.
Elena leva 15 anos impartindo aulas de Lingua e Literatura Castelá no IES 12 de Outubro en Ourense.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button