ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima hora

Unha proxección de cine moi especial, no casco antigo do Barco

Gerardo Rodríguez "Chere" e Susana Ferradás conclúen o mural adicado ao cinema

 

As persoas que nesta mañá percorrían o casco antigo do Barco contemplaban xa o resultado da intervención artística, adicada ao cine, que os creadores Gerardo Rodríguez Ramos “Chere” e Susana Ferradás realizaban nos últimos días nun dos muros da rúa Real da vila.

Un dos aspectos máis orixinais deste mural, e que o fai practicamente única, é o feito de utilizar no seu trazo rollos de celuloide, cedidos por unha distribuidora. O traballo, promovido polo Cine Club Groucho Marx, representa unha antiga cámara de cine e complétase con anacos de diversos carteis de película e cunha pintura.

Esta é o primeiro traballo conxunto que o artista barquense e a creadora de Bueu realizan en Valdeorras, e o terceiro en Galicia.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button