ConcellosÚltima horaVilamartín

Veciños de San Vicente (Vilamartín) reivindican o arranxo da estrada a “a pico e pala”

Veñen de facer un carreiro alternativo para poder acceder ao pobo

 

Con picos e palas, como se facía antigamente, un grupo de veciños de San Vicente de Leira (Vilamartín de Valdeorras) abrían na mañá deste mércores 2 de agosto un pequeno carreiro alternativo por fincas particulares, xusto por riba do tramo da estrada que permanece cortada ao tráfico polos continuos derrubes.

 

 

“A falta de que a Deputación se faga cargo, decidimos dar un primeiro paso e, aínda que malamente, polo menos podemos pasar”, aseguran os veciños que esperan poder reunirse para a semana que vén coa delegada da Deputación en Valdeorras, a alcaldesa de Carballeda Mª Carmen González.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button