CulturaCulturaÚltima hora

Verín acolle a presentación de “A verea Confusa”, o novo libro de Edelmiro Mateo

Edelmiro Mateo./ Cedida.

 

O vindeiro mércores 23 de novembro, ás 19:30 horas, o Salón de Actos da Casa da Cultura de Verín acollerá a presentación do libro A verea Confusa, obra de Edelmiro Mateo cuxas ilustracións forno realizadas polo artista verinés Fernando Barreira.

A verea Confusa son as respostas dun adulto ás atrevidas e comprometidas preguntas que Ile fai unha nena. Esas preguntas que todos nos fixemos algunha vez na vida e que pretenden unha solución razoada entre as alturas de idades, coa diferencia xeracional entre os dous. Son diálogos de certa profundidade ó nivel dunha cativa, para que comprenda e desfrute a fermosura de vivir neste mundo tan espléndido como agraciado.

Ilustrado por Fernando Barreira, converte o texto nunha obra de arte. Ademais da portada, ilustra cada un dos seus 12 capítulos con láminas en color, explicando a esencia de cada sección. É un libro que vai destinado a fillos, pais, avós, alumnos, mestres…, a calquera cidadán de calquera franxa de idade.

Edelmiro Mateo, Verín 1963, licenciado en Filosofía, diplomado en Pedagoxía e Músico. Autor do Cancioneiro de Baroncelli e dos libros: O viño, a viña e a bodega, na sabedoría popular, O instinto de Alazán e O poeta esquecido. No seu círculo de acción é máis coñecido como “Mestremiro”.

Fernando Barreira, Verín 1964, Pintor, escultor, deseñador, creador de formas e patróns, e un sen fin de características positivas, resumindo un artista, porque en todo o que fai, deixa un toque persoal e o da súa liña estética.

Artigos relacionados

Back to top button