CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

Verín acollerá o 15 de xullo a retransmisión en directo da ópera “Nabucco” de Giuseppe Verdi

O 6 de xullo, o Concello de Verín poñerá a disposición do público as entradas para a ópera (gratuítas e numeradas) na Sala de Exposicións

 

O vindeiro venres, 15 de xullo, ás 20:30 horas, o Auditorio Municipal de Verín acollerá a retransmisión en directo da ópera Nabucco, de Giuseppe Verdi, que se representará no Teatro Real de Madrid. Este evento está enmarcado dentro das propostas de achegamento da ópera a todos os cidadáns, que impulsa o programa de actividades do Bicentenario do Teatro Real.

O vindeiro mércores 6 de xullo, o Concello de Verín poñerá a disposición do público as entradas para a ópera (gratuítas e numeradas) na Sala de Exposicións do Concello de Verín. Horario: de martes a venres de 18 a 21 horas.

Nabucco de Giuseppe Verdi

A emblemática ópera que posicionou a Verdi como un símbolo do Risorgimento italiano a través do soado coro de escravos hebreos «Vai, pensiero». Baseada na historia bíblica do rei de Babilonia, esta cativadora produción traslada a acción aos tempos do compositor e sitúa o foco nas relacións familiares que constitúen o verdadeiro núcleo deste pasional drama.

A partir do enorme éxito do Mosè in Egitto rossiniano, as solemnes tramas do Antigo Testamento que foran materia literaria de innumerables oratorios barrocos atoparon un novo e discreto acomodo na ópera romántica que iría alargándose ao longo do século con significativas contribucións de Donizetti, Halévy, Gounod, Serov, Goldmark ou Saint-Saëns, entre outros.

 

 

 

Poucos, con todo, sacaron un partido semellante ao obtido por Verdi co seu Nabucco, o seu primeiro gran éxito tras uns dubitativos inicios e o que o enxalzou como símbolo do Risorgimento a través do soado coro de escravos hebreos «Vai, pensiero». Contundente como un diamante en bruto, Nabucco conta ademais con tres protagonistas de primeira orde –o titular, Abigaille e Zaccaria– que anuncian algúns dos grandes roles verdianos que estarían aínda por vir.

Nabucco presentarase na produción de Andreas Homoki que, cun suntuoso vestiario de época de Susana Mendoza e unha escena minimalista de Wolfgang Gussmann, traslada a acción á Italia dos tempos de Verdi e sitúa o foco, xa desde a abertura, nas relacións familiares que constitúen o verdadeiro núcleo deste paixoal drama.

Artigos relacionados

Back to top button