Concellos

Viana, conmocionada polo falecemento dunha veciña en accidente de tráfico

Os efectivos de emerxencias lograban reflotar o turismo, que caía ao encoro do Bao pola mañá, ao redor das sete da tarde
Lugar do accidente, na estrada que comunica Viana do Bolo coa Gudiña./ Foto: Carlos G. Hervella.
Lugar do accidente, na estrada que comunica Viana do Bolo coa Gudiña./ Foto: Carlos G. Hervella.

O grave accidente de tráfico acontecido na vila de Viana do Bolo na mañá do 15 de outubro conmocionaba a este municipio do oriente ourensán. Ás 10:25h. un turismo saíase da vía pola marxe dereita da estrada OU-533 (A Gudiña-A Rúa) e caía ao encoro do Bao, tal e como informaba a OPC de Ourense da Garda Civil.

Zona na que o vehículo caíu ao encoro do Bao./ Foto: Carlos G. Hervella.
Zona na que o vehículo caíu ao encoro do Bao./ Foto: Carlos G. Hervella.

O lugar exacto do sinistro era o punto quilométrico 16,500, onde, antes de caer á auga, o vehículo chocaba contra un sinal da estrada e unha árbore. A condutora, unha veciña de Viana do Bolo duns 70 anos, atopábase no interior do coche. Pouco despois, a Garda Civil poñía en marcha no lugar un dispositivo de emerxencia, coa participación de diversos corpos e forzas de seguridade, para dar coa conductora e poder sacar o vehículo. Isto conseguíase finalmente ao redor das sete da tarde.

Tanto a muller falecida como a súa familia son persoas moi coñecidas na localidade, que vivía unha triste xornada de mércores.

Artigos relacionados

Back to top button