ConcellosEn portadaEntroido 2020Última hora

Vilariño, Viana e Manzaneda, “Terra do fulión”; presentan os seus Entroidos en Santiago

 

Quedan apenas quince días para as datas centrais do Entroido, unha celebración que se vive de xeito moi especial e con gran intensidade en Vilariño de Conso, Viana do Bolo e Manzaneda, concellos onde ademais esta festa está declarada de interse turístico galego.

Este tres concellos veñen de unirse este ano para promocionar os seus Entroido baixo o lema “A maxia comeza aquí, a terra do fulión”. Esta campaña presentábase esta mañá de 12 de febreiro na Sala Eisenman da Cidade da Cultura, nun acto no que participaban a alcaldesa de Vilariño de Conso, Melisa Macía, o alcalde de Viana, Secundino Fernández, e o de Manzaneda, Amable Fernández. Estaban ademais acompañados polas máscaras principais dos seus Entroidos: os Boteiros e as Mázcaras, no caso de Manzaneda. Tamén asistía en representación da Xunta, Carmen Pita.

 

 

As datas centrais desta celebración nestes municipio da parte oriental da provincia de Ourense son as seguintes:

Sábado 22
VILARIÑO DE CONSO

A primeira parada ofrécea Vilariño de Conso, o seu día grande pasa a ser o sábado, no que se fai o desfile de fulións e logo a Festa do Cabrito. O seu personaxe principal é o Boteiro, dirixe o fulión e, dependendo do pobo, ten diferente pantalla. Celébrase a foliada que resume o ano nas súas obras satíricas.
www.vilarinodeconso.es
988 34 03 02

Domingo 23
VIANA DO BOLO

En Viana do Bolo o Domingo Gordo é o seu día de desfile. Os Boteiros coas súas pesadas pantallas, pegando saltos e apartando á xente coas moncas, ábrenlle paso aos fulións e carrozas. A gastronomía únese ao evento coa Festa da Androlla, embutido por excelencia da comarca. Este ano é o seu 50 aniversario.
www.vianadobolo.gal
988 34 01 20

Martes 25
MANZANEDA

En Manzaneda a protagonista é a Mázcara, que danza ao ritmo do fulión. Acompáñanna outros personaxes como o Touro. É fácil entreterse coas fuliadas, obras en verso, un resume do ano en clave de comedia. O seu día grande é o Martes de Entroido, no que tamén se pode desfrutar do xantar popular.
www.concellodemanzaneda.es
988 33 30 43

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button