ConcellosO BarcoÚltima hora

Viloira (O Barco) celebrará mañá a súa feira mensual

Publicidade

 

Tras retomarse o pasado sábado 6 de marzo, Viloira (O Barco) celebrará mañá 6 de abril a súa tradicional feira mensual, mantendo novamente todas as medidas sanitarias establecidas polas autoridades na materia, tal e como se informa dende o Concello do Barco.

A Policía Local controlará a instalación dos postos para asegurar que se respectan as distancias de seguridade establecidas pola normativa. Ademais o recinto feiral estará marcado con valados para establecer sentidos e carrís de circulación para os visitantes, con entradas e saídas diferenciadas, co fin de evitar cruces entre as persoas que acudan ao mercado.

Durante a feira a Policía Local velará para garantir o cumprimento das normas de seguridade (distancia de seguridade, uso de mascarilla) e tamén para controlar a afluencia de persoas ao recinto feiral.

Artigos relacionados

Back to top button