En portadaÚltima hora

Volve a presencialidade na V Carreira e Andaina das Cidades contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín

Esta cita deportiva e solidaria, cuxas inscricións veñen de abrirse, está prevista para o vindeiro 27 de novembro

As promotoras da Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas en Valdeorras, nunha edición anterior./ Foto cedida.

 

Conta atrás para rematar a presencialidade na Carreira e Andaina das Cidades de Vilamartín de Valdeorras, prevista para o 27 de novembro, tras dúas edicións celebradas de forma virtual. Dende a organización desta proba deportiva e solidaria vén de informarde de que dende hoxe e ata o próximo 22 de novembro xa é posible acceder á plataforma de inscrición na páxina da Federación Galega de Atletismo: https://www.carreirasgalegas.com/carreira/v-carreira-e-andaina-dás-cidades-contra-ou-cancro-de-pancreas/0b8a6471-ee0e-f968-67af-3a0690f14db7. Con este amplo prazo de inscrición en liña, a organización quere favorecer a realización de forma telemática das inscricións para poder contar en tempo real con información para avanzar cos preparativos de forma gradual en función do volume de participantes esperados.

Durante o mes de outubro tamén se habilitará a inscrición de forma presencial en diversos establecementos do Barco, A Rúa, Rubiá e Vilamartín. “Este ano será posible tomar parte na Carreira das Cidades en varios estilos: carreira (12,5 km), andaina longa (12,5 km), andaina curta (5 km)”, adiantan dende a organización en mans, no caso de Vilamartín, da asociación sen ánimo de lucro ACAPAVAL (Asociación de Cancro de Páncreas de Valdeorras).

 

 

O prezo das inscricións mantense como en anos anteriores: 10€ para os adultos nas modalidades carreira e andainas e 5€ para os nenos menores de 16 anos na modalidade de andaina. O importe íntegro das inscricións de acordo á filosofía da Carreiras das Cidades será doado á Asociación ACANPAN (Asociación Cancro de Páncreas) para destinalo ao financiamento das bolsas Carmen Delgado/Miguel Pérez-Mateo convocadas con periodicidade anual por ACAPAN e AESPANC para o desenvolvemento de estudos relacionados coa investigación no diagnóstico e no tratamento do adenocarcinoma de páncreas.

Inscricións: para a Carreira e a Andaina ata as 23.59 h do martes 22 de novembro.
Retirada de dorsais: Pavillón Municipal de Vilamartín de Valdeorras
  • sábado 26 de novembro de 16:00 h. a 20:00 h.
  • domingo 27 de novembro de 08.30 h. a 10.00 h.

Así mesmo, a carreira das cidades estará novamente presente en Alacante, Madrid, Tarragona e Murcia. “Animamos a todos os que desexen formar parte desta iniciativa a incribirse, xa que a inscrición, aínda que non se chegue a participar na proba polo motivo que sexa, será doada integramente á causa”.

“Na última edición presencial, a do ano 2019, grazas á colaboración de múltiples institucións e empresas foi posible organizar un evento no que se superaron os 1.200 rexistrados e que supuxo bater todos os récords de participación en eventos similares na comarca de Valdeorras, con máis de 1.000 participantes. Estas cifras contribuíron a levar a cabo unha recadación e doazón de 19.500€ entre inscricións e doazóns de participantes e empresas. Esperamos que este ano a xente estea con ganas de volver participar no evento para contribuír a nutrir esas bolsas de investigación tan necesarias para avanzar no tratamento e diagnóstico precoz desta enfermidade”, resaltan as promotoras deste evento solidario. .

Máis información sobre o evento de Vilamartín, regulamento e inscrición en www.carreirasgalegas.com
Máis información na web Carrera das Cidades https://carreracancerpancreas.es/

Artigos relacionados

Back to top button