
Do 7 ao 9 de agosto celebrarase na praza da Alameda de Verín, a X Feira do Viño de Monterrei na que participarán 16 adegas da Denominación de Orixe.
Os actos comezarán mañá, venres día 7 ás 20h. coa lectura do pregón a cargo de Manuel Villanueva, director de contidos de Mediaset España. A continuación terá lugar a inauguración oficial da feira, un acto que estará presidido polo titular do Goberno autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e no que intervirán o alcalde de Verín, Gerardo Seoane, e a presidenta do Consello Regulador da D.O. Monterrei, Asunción Rodríguez Zarraquiños.
E xa en torno ás 21:30h. procederase á imposición de medallas aos novos cofrades da Denominación de Orixe Monterrei, nun acto que terá lugar na Igrexa da Mercé (Praza da Mercé) e que tamén estará presidido polo presidente da Xunta.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.



