CulturaCulturaÚltima hora

Xornada Micolóxica en Parada de Sil

 

O mal tempo non podía coa ilusión dos participantes na Xornada Micolóxica que se desenvolvía nesta fin de semana en Parada de Sil baixo a dirección do micólogo Alejandro Mínguez. Comezaba o sábado 4 de novembro ás 10 horas no salón de usos múltiples do Concello con 25 persoas asistentes das 39 inscritas.

Despois dunha amena charla formativa e informativa, que era seguida con atención polos asistentes, tiña lugar unha curta saída ao campo posto que pronto chegou unha treboada intensa e tiveron que recollerse.

 

 

A continuación no salón fíxose unha clasificación e logo o experto cociñou boletus e cantharellus en sopa, en revoltos e mesmo unha salsa con nata distintas para unha degustación entre todos os asistentes chamando a atención sobre distintos tipos de cocción e mesmo sobre os cortes das mesmas, dependendo do tipo.

Os participantes nesta xornada amosábanlle a súa satisfacción ao alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, quen manifestaba a súa firme vontade de volver a organizalas o vindeiro ano.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button