ConcellosÚltima hora

Xornada sobre o Medio Ambiente en Verín, o sábado 22

É a segunda dentro da programación deseñada pola Asociación Cultural Monterrei, Cultura e Territorio
Cartel da xornada.
Cartel da xornada.

A Casa da Cultura de Verín acollerá o vindeiro sábado 22 de outubro unha nova xornada sobre o Medio Ambiente, nesta ocasión co título “Ecosistema do río Támega”. Será no salón de actos a partires das 18 horas. Esta actividade enmárcase dentro da programación deseñada pola Asociación Cultural Monterrei, Cultura e Territorio en colaboración co Concello de Verín. Nesta cita participará o presidente da Sociedade Galega Historia Natural e membro da Confederación Hidrográfica do Douro, Serafín González, e Alberto Freitas, de Adega e representante de Medio Ambiente. A seguinte xornada será o 29 de outubro.

Artigos relacionados

Back to top button