EconomíaEconomía

A xornalista e empresaria Alba Adá falará de “emprendemento feminino” no cárcere de Pereiro

 

A xornalista e empresaria Alba Adá Lameiras. 

Con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o 8 de marzo, estase a levar a cabo no Centro Penitenciario de Pereiro de Aguiar, unha serie actividades enfocadas ao desenvolvemento e formación dos reclusos e reclusas. Obradoiros de Igualdade de xénero, en colaboración co APES, unha clase de zumba para mulleres impartida pola Escola de Baile Fitness Sabrosura e, este sábado, unha nova actividade da man da Asociación de Empresarias e Profesionais de Ourense (AME).

Este sábado, 8 de abril, ás 18:30 horas, farase neste centro penitenciario ourensán o relatorio “Emprender en femenino”, a cargo de Alba Adá Lameiras, xornalista deportiva e empresaria asociada e colaboradora da Asociación. Esta actividade está dentro das iniciativas do Día Internacional da Muller, que este ano ten como tema central “As mulleres nun mundo laboral en transformación: cara a un planeta 50-50 en 2030”.

Con ela, A Asociación de Empresarias Profesionais de Ourense, pon de manifesto a súa faciana máis colaborativa a través das súas asociadas. Un servizo social con numerosas institucións e entidades sociais sen ánimo de lucro, en prol de favorecer ao emprendemento e á concienciación sobre a igualdade como vías para engadir riqueza e calidade de vida ao entorno no que se extende a súa influenza colaborativa.

Artigos relacionados

Back to top button