Nesta época na que o Entroido estase convertindo nun macrobotellón de xente con disfraces comprados nos chinos, existe sempre xente que desfruta dun Entroido popular a antiga, esta xente é o Fulión. Antes de nada, para a xente que non o sepa hai que saber distinguir os seguintes termos: Fulión e Fuliada. Fulión é o grupo de xente que con bombos, aixadas, sachos, cornas, etc, animan cada aldea durante este tempo. E por Fuliada enténdese a festa que montan.
Fun invitado polo “Fulión da Caniceira” de Trives para ir a “Fuliada de Chaguazoso” en Vilariño de Conso. Aceptei a invitación, xa que nunca fora nun Fulión e tiña curiosidade por descubrilo. Así que preparei un disfraz, unha cámara de fotos e preguntas, moitas preguntas sobre o Fulión que irei comentando nas seguintes liñas.
A quedada era nun bar de Trives o venres as 18:00. O bus sairía hora e media despois pero había que quentar e coller forzas antes. Puntual cheguei a cita onde a xente preparaba os seus disfraces (pelucas, roupa vella, medias, etc), disfraces a antiga. Ademais de coller todo o material necesario para a fuliada. As 19:30 arrincaba un bus dende Trives cargado de sachos e bombos dirección ao pobo mais alto galego, Chaguazoso. Un tortuoso camiño para chegar aos 1300 metros de altura desta aldea de Vilariño de Conso. Parada técnica no camiño nun bar de Raigada (Manzaneda), para facer tempo esperando a outro dos Fulións que dende Trives desplazabase cara a Fuliada.
Chegada a Chaguazoso e xuntámonos no centro do pobo co resto de Fulións para dar comezo a “Fuliada Chaguazoso 2016”. Bombos, cornas, sachos, gadañas, aixadas e outras ferramentas metálicas do agro comezaron a retumbar e resoar incesantemente a un ritmo frenético durante varias horas.
Simplemente decirlle a todo o mundo que experimente polo menos un día de Fuliada indo cun Fulión e a xente do Fulión darlle as grazas polo trato recibido.
Texto e fotos: Xosé Manuel Pérez Blecua






Nesta segunda volta so os mais fortes resisten tocando ata o final, e varios dos bombos foron caíndo en combate ante a desesperación dos seus donos que tentaban seguir tocando a pesar de quedar o bombo nas seguintes condicións.




Pasaban as 2 da mañán e a parecía que a Fuliada chegaba ao seu fin, pero non, a xente mais forte, transformandose de persoas a bestas continuaban tocando nun esforzo sobrehumano e dificilmente entendible para a xente que non entende estas cousas. Os bombos comezaban a quedar manchados de sangue, esa sangue coa que a persoa entrega o seu físico polo Entroido.





