DeportesÚltima hora

1ª BTT Ruta do Viño de Valdeorras, o 24 de outubro

O prazo de inscrición, que se abría hoxe, prolongarase ata o 21 de outubro

 

Enoturismo e deporte. Son os elementos que se funden na nova proposta que vén de presentar a Ruta do Viño de Valdeorras. Trátase do 1ª BTT Ruta Roteiro do Viño Valdeorras, que terá lugar o día 24 de outubro. O percorrido desta marcha, que terá un carácter non competitivo, terá unha distancia de 61,7 km cun desnivel positivo↑ de 1.553 m, sendo a altitude máxima 601 m e a altitude mínima 302 m. Discorrerá polos concellos do Barco, Rubiá, Vilamartín, A Rúa e Petín sendo o punto de partida 9’30 horas, e chegada o Campo da Festa no Barco. Durante a carreira dispoñerase de tres avituallamentos.

“Este evento deportivo que discorre por parte dos concellos que forman parte da propia ruta, ten como obxectivo fomentar a difusión do enoturismo como ferramenta impulsora do sector turístico, mediante a práctica dunha marcha de montaña que permita coñecer a riqueza paisaxística, natural e cultural da comarca de Valdeorras, e que incluirá o paso por varias adegas membros da asociación”, tal e como anuncian dende a Ruta da do Viño de Valdeorras. Para poder levar a cabo esta iniciativa, esta entidade contará co apoio da Deputación de Ourense, do Consello Regulador, dos concellos e co Inorde.

Aínda que se trata dunha proba non competitiva, entregarase aos participantes un chip para controlar o percorrido. A recollida de dorsais realizarase o día 23 de outubro. “No caso de que á data da proba a administración competente esixa proba PCR ou antíxenos negativos para a participación, esta correrá a cargo da organización”, tal e como indica a Ruta do Viño de Valdeorras.

 

 

 

As inscricións na proba veñen de abrirse neste 1 de setembro e pecharanse o 21/10/2021. Estas inscricións teñen un importe de 25€ para os ciclistas federados e 35 € para os ciclistas non federados e faranse a través da web https://www.sportchip.es/i-btt-ruta-do-vino-de-valdeorras/

O custo do dorsal inclúe todos os seguros así como dous obsequios para os participantes: unha camiseta técnica conmemorativa e unha botella de godello das adegas asociadas á Ruta do Viño Valdeorras, que se entregará na mochila de corredor.

Máis información:
www.rutadelvinovaldeorras.com

Artigos relacionados

Back to top button