En portadaSanidadeÚltima hora

A AECC sae á rúa neste 9 de maio pola súa tradicional cuestación

 

A Asociación Española contra o Cancro de Ourense sae á rúa neste 9 de maio, xunto a pacientes, voluntariado e socios a pedir a colaboración de toda a sociedade para seguir impulsando e contribuíndo xuntos á investigación en cancro, a superar o 70% de supervivencia e a obter fondos que permitan seguir prestando servizos de apoio e acompañamento ás persoas con cancro e os seus familiares. Deste xeito celebra o Día da Cuestación.

 

 

A asociación está presente en varios puntos da provincia de Ourense. Durante a xornada, os interesados poden participar achegando donativos, así como poderán coñecer información sobre os servizos e as campañas que leva a cabo a AECC. Entre esas mesas estaban as do Barco (na praza do Concello e no Hospital Público de Valdeorras), así como a da Rúa, na rúa Progreso.

Fotos: Mónica G. Bellver/ A.R.

 

Cedida.

Artigos relacionados

Back to top button