
Continúa cunha lixeira tendencia á alza a cifra de casos activos de coronavirus no Barco, poboación sobre a que o Subcomité Clínico de expertos (que seguen a pandemia do Covid-19 en Galicia) anunciaba unha “detallada vixilancia” o pasado venres.
Así, segundo os últimos datos comunicados neste luns 14 de decembro polo Sergas ao Concello, o municipio rexistra 30 positivos, 4 máis que os rexistrados o pasado venres 11 de decembro.
En canto ao número de novos casos diagnosticados no concello nos últimos 14 días, o Barco ten 23 (3 máis que o reflexado o pasado venres), cunha incidencia acumulada para o concello: >50 e ≤150, segundo a Consellería de Sanidade. Neste municipio mantense, como no resto da provincia de Ourense (agás A Rúa e Sarreaus, con restricións medio-altas) as restricións básicas.



