Será unha nova oportunidade para descubrir as singularidades do xacemento do Castrillón (Larouco), da man do equipo arqueolóxico que ten escavado este poboado da Idade do Ferro. O vindeiro 15 de agosto ás 19:30h. está prevista unha visita guiada a este castro no decurso da tal se amosarán as actuacións realizadas ata o de agora, así como as descubertas realizadas nel.
O punto de encontro dos participantes será o propio xacemento.