Tamén en Castro Caldelas se celebraba neste domingo o Corpus Christi preparando unha gran alfombra de flores no adro do Santuario dos Remedios. A elaboración deste tapiz vexetal foi posible grazas á axuda da veciñanza e da Asociación de Xubilados, que colaboraron na súa confección.
Empregábanse flores silvestres como o toxo, a carqueixa e o fento e moitas gFlores de roseiras dos xardíns particulares, que tamén permitiron realizar esta alfombra con motivos propios desta celebración.
Ás 13h oficiábase a eucaristía e logo a procesión do Corpo de Cristo, que ía baixo palio.
Fotos cedidas.