Nova xornada de fútbol no campo municipal de Calabagueiros e nova vitoria para o CD Barco que ratifica o seu liderato no grupo 2 de Preferente.
Na tarde deste domingo 27 de outubro disputábase o partido da xornada 8 entre o Barco e o Atlético Arnoia que se resolvía cun contundente 3-0. Os de Lino Estévez saltaba ao terreo de xogo coa equipación rosa, en solidariedade coa Carreira contra o Cancro de Páncreas de Vilamartín celebrada esta mañá, e tras unha primeira metade sen moitas ocasións, a maior acerto do conxunto local nas súas chegadas á área rival dáballe unha cómoda vantaxe chegando ao descanso co 2-0, goles de Brian Prada Castro. Nese momento os asistentes ao partido degustaban o tradicional magosto do CD Barco.


Tralo paso polo vestiario máis do mesmo ata que Brian marcaba o terceiro gol local. Con este resultado o CD Barco ratifica o seu liderato sumando a cuarta vitoria consecutiva. A seguinte cita será no campo do Cultural Areas.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.



