Barata Ojea Vilariño puxo a disposición de Cruz Vermella unha vivenda en Ourense para a acollida temporal de solicitantes e beneficiarios do estatuto apátrida, beneficiarios de protección temporal e persoas incluídas no programa de acollida gobernamental. O acto de sinatura de contrato celebrouse hoxe, 28 de novembro, e a el acudiron o Presidente da Fundación BA.O.QUI.VI, Abel Carbajales, e o presidente provincial de Cruz Vermella en Ourense, Felipe Ferreiro.
Con esta colaboración “facilitada polo Concello de Ourense”, aseguran dende Cruz Vermella, a través da Alcaldía e a Concellería de Asuntos Sociais, a entidade sen ánimo de lucro aumenta a súa capacidade de acollida na provincia, onde contan xa con 30 prazas e traballa con máis de 50 persoas de atención e auxilio ás persoas máis vulnerables no ámbito territorial.