O vindeiro 23 de abril celebrarase en Santiago de Compostela o XVII Campionato galego de Coctelería, que será patrocinado por segundo ano consecutivo pola adega barquense Godeval e, en concreto, pola súa marca “Mosteiro de Xagoaza”. A Asociación Galega de Barmen (Agaba) organiza este campionato no que se elixirá aos mellores cocteleiros da comunidade en diferentes categorías.
Así o primeiro premio na categoría de Xoves Barmans estará patrocinado polos espirituosos que elabora esta adega valdeorresa a partir dos bagazos da variedade godello. Segundo se indica dende Godeval, con esta iniciativa preténdese “impulsar o uso dos augardentes e licores no mundo da coctelería. Proba diso é a inclusión de cocteleiros nos eventos que estamos organizando, últimamente, na adega”.
Os augardentes e licores marca “Mosteiro de Xagoaza” están amparados polo Consello Regulador de Oruxo de Galicia, e teñen colleitado diferentes premios e altas puntuaciones nas guías de expertos do sector. Godeval elabora augardente branca, licor de herbas, licor café e un augardente envellecido en barricas de roble durante 12 anos. Todas elas coa marca “Mosteiro de Xagoaza”, en lembranza do lugar no que se fan estes espirituosos.
Fotos cedidas.