EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A 9ª edición de Ourense Vinis Terrae celebrarase en formato híbrido os días 14 e 15 de xuño

O comité asesor reuníase virtualmente esta mañá para perfilar as acción que contribúan a abrir novas canles de comercialización para as adegas

O delegado da Xunta Gabriel Alén na videoconferencia.

 

Ourense Vinis Terrae, Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade celebrará a súa 9ª edición os días 14 e 15 de xuño de 2021 reconvertido a evento híbrido entre presencial e virtual para adaptarse ao novo contexto provocado pola pandemia mundial.

O obxectivo deste cambio de formato é “contribuír a diversificar as canles de venda das comercialización das adegas garantindo a presenza posible de importadores nacionais ou internacionais que manterán citas de negocio coas adegas galegas de xeito directo no recinto de Expourense ou ben de xeito virtual a través da plataforma dixital que a organización poñerá a disposición dos expositores”, explican dende Expourense, puntualizando que nesta nova edición, só poderán participar como expositores adegas adscritas ás distintas Denominacións de Orixe ou Indicacións Xeográficas Protexidas de viños e licores de Galicia.

O novo formato e os obxectivos deste salón decidíanse na mañá deste mércores 10 de febreiro, na primeira reunión virtual do comité asesor de Ourense Vinis Terrae 2021. Dirixida pola directora adxunta de Expourense, Emma González, participaron nesta reunión: o delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén; o vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense, Rosendo Fernández; a xefa do servizo de Promoción da Calidade Agroalimentaria AGACAL, María José González; o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe, Ribeiro, Juan Manuel casares; a presidenta de CRDO Monterrei, Lara da Silva; o presidente de CRDO Valdeorras, José Luis García Pando; o secretaria xeral de CRDO Rías Baixas, Ramón Huidobro; a representante do CRDO Ribeira Sacra, Marta Villén; e a secretaria do CRIIGG de Licores e Augardentes de Galicia, Carmen Otero.

 

Membros do comité asesor de Ourense Vinis Terrae, na reunión telemática.

 

Nesta reunión foron seleccionados os potenciais mercados de interese para o viño galego dentro dos cales se seleccionarán aos importadores que participarán na vindeira edición de Ourense Vinis Terrae. O delegado territorial sinalou que “o obxectivo deste cambio de formato é seguir garantindo a maior presenza posible de importadores nacionais ou internacionais que manterán citas de negocio coas adegas galegas de xeito directo no recinto de Expourense ou ben de xeito virtual a través da plataforma dixital que a organización poñerá a disposición dos expositores”.

Gabriel Alén anuncioulle ao comité asesor de Expourense a nova de que a Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) os beneficiarios e as axudas concedidas en 2020 ao abeiro de tres convocatorias destinadas a fomentar a calidade alimentaria entre os consellos reguladores e as asociacións de produtores. En total, outorgáronse algo máis de catro millóns de euros a unha trintena de entidades.

 

Artigos relacionados

Back to top button