AutomobilismoDeportesÚltima hora

A colaboración dos espectadores, fundamental para garantir unha V Subida a Valdeorras segura

A Escudería Valdeorras dá unha serie de recomendacións dirixidas ao público para que a proba poida desenvolverse sen riscos para el

Público seguindo a anterior edición da Subida a Valdeorras./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

O apartado máis importante das probas automobilísticas na estrada non é outro que a seguridade do público. Así o destacan dende a Escudería Valdeorras, entidade promotora da V Subida a Valdeorras, prevista do 23 ao 25 de xuño no Barco e que nesta edición será Campionato de España de Montaña. “Un deporte de risco, como o é xa de por se a práctica do automobilismo para os participantes, ten o seu punto máis débil nos afeccionados que desde os exteriores do trazado gozan da proba. Os deportistas, e os vehículos, dispoñen de efectivas medidas de seguridade para evitar danos físicos en caso dunha saída de pista, pero o público só posúe unha: a concienciación de respectar as normas que a organización indica”.

E, por iso que desde a Escudería Valdeorras insístese nesta cuestión e pide a colaboració do público para a proba se converta “nunha festa do motor sen que ninguén corra riscos innecesarios”.

Neste senso, plantexan o seguinte:

Que pode pasar?

“Nas saídas de estrada, non existe a traxectoria lóxica. Un vehículo de competición, despraza unha masa a gran velocidade e en caso de accidente é imposible adiviñar a traxectoria. Calquera rotura ou avaría mecánica pode provocar un accidente sen lóxica. Só nas zonas altas e nas zonas habilitadas polo Organizador terase total seguridade. A mala actitude do público e a súa incorrecta posición nas zonas prohibidas son motivo de anulación dunha proba. Uns poucos espectadores incívicos poden facer que non goces do espectáculo. Non o permitas!”, din dende a Escudería Valdeorras.

Que se debe facer?

• Ser puntuais. “Debemos chegar ao trazado con tempo suficiente para aparcar correctamente o noso vehículo nas zonas habilitadas para iso. A estrada adóitase pechar ao tráfico polo menos unha hora antes da saída do primeiro vehículo, e podemos atopar atascos”, indican os organizadores da proba.

• Tamén se pide que o público aparque os seus vehículos “sempre fose do percorrido. Podemos
atoparnos con que o guindastre retiróunolo, cunha multa, ou cunha abolladura.

• “Débenos dar tempo ademais a desprazarnos a pé ata un lugar seguro antes de que comece a carreira”, prosegue a Escudería Valdeorras.

• E resáltase que “desprazarse polo percorrido coa carreira xa iniciada supón un grave perigo. Os vehículos compiten ao límite e en calquera momento pode producirse unha saída de estrada, xa que esperan atoparse coa estrada totalmente despexada”.

• Aconséllase ir á proba “preparados para o frío, para a calor, para a choiva, xa que non poderemos saír do percorrido unha vez iniciada a proba”.

• A organización habilita papeleiras e contedores ao longo do percorrido. “Respecta o medio ambiente”.

• Ademais os “nenos deberán estar en todo momento baixo a supervisión dos adultos”.

• Así mesmo a Escudería Valdeorras indica que convén evitar “o consumo excesivo de bebidas alcohólicas ou outros produtos” e pode levar a que as persoas “perdan o control”. Así, convida ao público a gozar do “bo ambiente no noso deporte, e todos o pasaremos ben” e lembra que “os controis de alcoholemia e velocidade intensifícanse nas inmediacións da carreira”.

• Tamén se pide que se sigan “sempre as instrucións dos voluntarios e organizadores. Trátalles con respecto e educación. Sen eles, non sería posible este deporte”, din dende a escudería.

Consellos para os espectadores da Escudería Valdeorras

• Debemos saber a que imos, xa que por motivos de seguridade, non nos deixarán mover o noso vehículo ata que non finalice a carreira. É posible que se produzan atrasos en caso de accidente. Non
te desesperes.

• Debemos situarnos sempre en lugares elevados, evitando as zonas potencialmente perigosas.

• As zonas marcadas con cinta vermella son zonas prohibidas para o público, tanto diante como detrás delas.

• As zonas marcadas con cinta amarela son zonas permitidas ao público.

• As zonas marcadas con cinta verde son zonas exclusivas para prensa e TV acreditada.

• Debes lembrar que non sempre se poden marcar todas as curvas e zonas perigosas, co cal che pedimos que nas zonas non marcadas con cinta, utilices o sentido común e fagas caso aos membros da Organización. Eles traballan pola túa seguridade.

O que nunca se debe facer

• Situarse en lugares perigosos
• Invadir o percorrido para ver mellor, acirrar ou animar aos pilotos
• Lanzar obxectos ao percorrido
• Desprazarse polo percorrido de forma temeraria co teu vehículo,
antes ou despois da carreira: Se queres competir, faino en condicións.
Faiche piloto.
• Facer caso omiso ás indicacións do persoal da Organización
• Colocarse nos lugares prohibidos
• Acender fogueiras
• Deixar lixos e desperdicios nas cunetas
• Pintar as estradas con mensaxes
• Quitar as cintas de Seguridade

Artigos relacionados

Back to top button