EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Monterrei adianta a vendima unha semana con respecto ao pasado ano

A primera adega en iniciar las tarefas de recollida de uva neste 2019 era Francisco Pérez Diéguez (Couto Mixto)

 

Este sábado 7 de setembro daba comezo a campaña de vendima no territorio amparado baixo a Denominación de Orixe Monterrei, cun adianto dunha semana con respecto á última campaña.

A primera adega en iniciar as tarefas de recollida de uva neste 2019 era Francisco Pérez Diéguez (Couto Mixto), situada na localidade de Mandín (Verín).

A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. Está formada por 26 adegas do val de Monterrei, que abrangue os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oímbra e Castrelo do Val. Os viñedos desta D.O ocupan un total de 579 hectáreas de territorio nas que traballan 418 viticultores.

 

Artigos relacionados

Back to top button