EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A D.O. Ribeiro recibe 16 galardóns nas “Distincións Gallaecia”

Cata dos Viños do Ribeiro dentro do concurso “Distincións Gallaecia”./ Foto cedida.

 

Un total de 16 viños da Denominación de Orixe Ribeiro, 13 brancos e tres tintos, veñen de ser distinguidos pola Asociación de Sumilleres de Galicia Gallaecia nesta nova edición do concurso de viños “Distincións Gallaecia”. Juan Casares, presidente do C.R.D.O. Ribeiro sinala que “estamos de parabéns, estes magníficos resultados revalidan o bo camiño emprendido por esta Denominación de Orixe dende xa fai varios anos”.

O concurso de viños “Distincións Gallaecia” celebrou este ano a súa 19ª edición. Durante todos estes anos, este certame foise consolidando como un dos máis importantes concursos de viños, non só en Galicia, chegando ao seu recoñecemento a todo o territorio nacional.

Nesta edición, participaron máis de 600 viños e destilados de todas as DD.OO. galegas e máis de 50 profesionais participantes nos paneis de cata, entre os que se encontraban sumilleres e técnicos galegos, así como de Zamora, Toro, Ribera del Duero e Rioja.

Viños brancos D.O. Ribeiro Adega
• A Telleira Treixadura 2019 Bodegas Campante
• Armán Finca Misenhora 2018 Casal de Armán
• Armán Finca Os Loureiros 2018 Casal de Armán
• Beade 25 Autor Loureira 2018 A Portela
• Beade Primacía Treixadura 2020 A Portela
• Coto de Gomariz Finca O Figueiral 2018 Bodega The Flower and the Bee
• Cunqueiro Treixadura 2020 Bodegas Cunqueiro
• Cuveé Ugh 2019 Javier Estévez Abeledo
• Leive Reliquia 2019 Leive Ecoadega
• Son de Arrieiro añadas s/c Julia Mar Bande Pivida
• Tear dos Dodi Treixadura 2020 Diego Doniz Diéguez
• Val de Nairoa 2019 Bodegas Nairoa
• Vía Barrosa Treixadura 2019 Viña Costeira
Viños tintos D.O. Ribeiro Adega
• Casal de Armán 2019 Casal Armán
• Preto de Leive 2019 Leive Ecoadega
• Tear dos Dodi 2019 Diego Doniz Diéguez

*A orde dos viños é alfabética.

Artigos relacionados

Back to top button