CulturaCulturaÚltima hora

A exposición de xoguetes dos anos 70 e 80 inagurarase este domingo na Casa da Cultura de Rubiá

 

José Ramón Moral, con raíces en Rubiá por parte paterna, é dos que pensa que “calquera tempo pasado foi mellor”, botando de menos o ritmo de vida da súa infancia. “Agora todo vai moito máis rápido e dancho case todo feito mentres que antes tiñas que buscarte a vida incluso para xogar”, asegura nostálxico, recoñecendo que é un romántico.

 

 

Desa forma de pensar xorde a súa paixón polo coleccionismo. E entre as moitas coas que conta hai unha especialmente curiosa que poderá verse dende o domingo 17 de decembro na Casa da Cultura de Rubiá. Trátase de “Tesouros do Pasado” o título que lle deu á súa colección de xoguetes dos anos 70 e 80. Unha infinidade de pezas, a maioría delicada e estratéxicamente colocadas en 25 vitrinas, a maioría de fabricación española. Playmobil, Geiper Man, Madelman, Scalextric, bonecas de Famosa, Barriquitas, coches, e mesmo os típicos xoguetes que mercabas nos Quioscos por 1,2 ou 5 pesetas.

Moitos dos xoguetes son os que o propio José Ramón conservou ou recuperou da súa infancia e outros foinos conseguindo ao longo dos anos. Verdadeiras reliquias que poderán verse ata o 31 de xaneiro en diferentes horarios. Para grupos, colexios ou asociacións é necesaria inscrición previa.

A inauguración será o 17 de decembro ás 17 horas.

 

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button