ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A fachada do Concello do Barco tínguese de cor para promover a reciclaxe

De cor amarelo vén de tinguirse a fachada do Concello Vello do Barco na noite deste luns 21 de maio. Con este xesto búscase incentivar, en plenas Festas da Santa Rita, a reciclaxe entre a cidadanía para superar o reto da campaña “Recicla, respira e supérate”. Ademais na parte superior do edificio pode lerse en letras brancas “www.uneteaoreto.com”.

A acción enmárcase no reto polo que 15 concellos galegos estratéxicos teñen que mellorar a súa achega ao contedor amarelo, para gañar un premio de 2.000 euros para dedicar a unha causa social local da súa elección.

Numerosas persoas que paseaban pola céntrica praza do Concello sorprendíanse coa ilumiación e tomaban imaxes desta imaxe inédita da Casa Consistorial.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button