ConcellosÚltima hora

A ORA volverá a funcionar no Barco a partir das 00h. do 4 de xuño

Este servizo restablécese case tres meses despois da súa suspensión debido á emerxencia sanitaria do Covid-19

Un dos parquímetros da zona ORA do Barco, no Paseo do Malecón./ Foto: A.R.

 

O pasado 19 de marzo o Concello do Barco decidía suspender, a través dunha resolución da alcaldía, o servizo da ORA na vila debido á emerxencia sanitaria do coronavirus. Case tres meses despois, tamén a través dunha resolución da alcaldía, anúnciase o levantamento da suspensión deste servizo a partir das 00h. do 4 de xuño, tendo en conta o cambio na situación da pandemia.

“A provincia de Ourense atópase na fase II da denominada desescalada (…) o que supón unha maior liberdade de movementos e o incremento da actividade comercial e de servizos. Ademais a intención presencial nos servizos administrativos municipais se volveu a realizar dende o día de hoxe. Estas circunstancias supuxeron o incremento da mobilidade de vehículos na vila do Barco e a dificultade para atopar aparcamentos dentro da zona ORA. Todo isto aconsella que se restableza o servizo público de aparcamento regulado da zona ORA”, segundo a resolución asinada polo alcalde barquense, Alfredo García.

Nese senso, o rexedor órdease a “a execución e prestación do servizo de ordenación e regulación de aparcamento de vehículos e a grúa municapla á empresa que ata a suspensión do servizo se encargaba da súa execución (Dornier SA).

 

 

Artigos relacionados

Back to top button