
Na tarde deste mércores 18 de decembro ás 19 horas, celebrarase a festa da benvida do Nadal na parroquia barquense de Santa Rita co acendido da iluminación interior e exterior da igrexa, a bendición do Nacemento e o Pregón de Nadal que este ano correrá a cargo do alcalde de Puente Domingo Flórez, Julio Arias. Tal e como avanza o párroco, Jesús Álvarez, o acto contará coa participación dos coros Divina Pastora, Santa Rita, San Mauro, Puente de Domingo Flórez, Viloira e Rubiá.
O día de Nadal celebrarase a Misa dos Nenos na igrexa de Santa Rita ás 12:30 horas; e o Día de Reis, 6 de xaneiro, as Súas Maxestades serán recibidas na misa das 12:30 horas en Santa Rita, onde se despedirán solemnemente ata o próximo Nadal.
Neste Nadal “tamén haberá Operación Quilo nas diferentes parroquias e supermercados a favor da nosa Cáritas; e Operación Xoguetes Solidarios”, engade o párroco.



